A Deputación de Ourense financia catro proxectos no concello de Boborás por unha cantidade de 215.000 euros segundo quedou aprobado na última Xunta de Goberno.
As subvencións nominativas aprobadas na última xunta de goberno da Deputación de Ourense ascenderon a 480.000 euros.
A Deputación financia catro proxectos en Boborás
Esta cantidade permitirá subvencionar dez proxectos de entidades locais entre os que destacan os catro que se realizarán no concello de Boborás. A urbanización do novo centro de Saúde e o arranxo de lavadoiros forman parte dos proxectos subvencionados neste concello.

Boborás
- 111.120 euros – urbanización da parcela na que se construirá o novo centro de saúde
- 48.000 euros – integración paisaxística da contorna da capela de San Pantaleón
- 40.000 euros – cofinanciar un proxecto de eficiencia enerxética do IDAE
- 16.000 euros – arranxo de lavadoiros
A Arnoia
- 38.000 euros – melloras na rede de saneamento
Lobeira
- 44.000 euros – iniciativa en cofinanciamento coa Xunta de Galicia
Petín
- 48.000 euros- acondicionamento e pavimentación da rúa da Igrexa en Petín
Rairiz de Veiga
- 46.000 euros – mellora de vías municipais
Toén
- 48.000 euros – mellora de vías municipais
Vilar de Barrio
- 45.000 euros – proxectos correspondentes ao pasado exercicio.