O músico lucense Abraham Cupeiro soará no Mosteiro de Montederramo o próximo 3 de agosto a partir das 21h.
As paredes do Mosteiro de Montederramo, testemuñas do paso do tempo, son o espazo no que Cupeiro mostrará o seu espectáculo «Resoando no Pasado«.
Abraham Cupeiro soará no Mosteiro de Montederramo
Neste espectáculo, Abraham Cupeiro realizará unha viaxe pola historia da música. Nese camiño, diferentes instrumentos representativos de varias épocas e culturas soarán neste significativo espazo.
A venta de entradas para asistir a este concerto xa está activa na plataforma Evenbrite.