Dende o concello de Ourense abren o prazo de inscrición para participar no concurso da festa dos Maios que terá lugar o domingo, 7 de maio, na rúa do Paseo.
A Festa dos Maios é unha das celebracións con máis arraigo na cidade de Ourense. Declarada de interese turístico pola Xunta de Galicia no ano 2001, diversas asociacións, colexios, entidades e particulares participan todos os anos neste concurso con auténticas obras de arte.
Abren o prazo de inscrición para participar no concurso dos Maios
Os interesados en participar na edición de 2023 xa poden realizar a inscrición ó abrirse o prazo para anotarse neste concurso. Será o martes, 2 de maio, cando se peche o prazo dun concurso que este ano reparte importantes premios económicos.
Premios do concurso de Maios de Ourense
Todos os maios que se presenten ó concurso recibirán unha axuda económica de 300€ ata esgotar o orzamento de 18.000 euros.
- Maio Artístico
1º premio – 900€
2º premio – 700€
3º premio – 500€
- Maio Enxebre
1º premio – 600€
2º premio – 400€
3º premio – 300€
- Maios Infantís
1º premio – 300€
2º premio – 200€
3º premio – 100€
As bases do concurso establecen as características que deben ter os Maios tanto na categoría artística como na enxebre. Altura mínima, forma, materiais, etc.. están recollidos nas bases que mostramos a continuación.