Familias

Actividades de Lecer en Barbadás para o curso 24-25

O concello presentou as Actividades de Lecer que se ofertan en Barbadás para o curso 2024-25 impulsadas polas concellerías de Cultura e Participación Veciñal.

Coa apertura do período de inscrición nestas actividades, o concello de Barbadás da o primeiro paso para o funcionamento das mesmas durante o próximo curso.

Actividades de Lecer en Barbadás para o curso 24-25

Actividades de Lecer en Barbadás para o curso 24-25

A creatividade, o benestar físico e a expresión artística son parte fundamental das propostas que o concello presentou á cidadanía.

Obradoiro de Manualidades, Clases de Pintura, Ximnasia de Mantemento e a Aula de Teatro son as catro propostas que atopamos. As tres primeiras están dirixidas a persoas maiores de idade mentres que a actividade de teatro contará con tres grupos divididos por idades (infantil, xuvenil e adultos).

As actividades de manualidades e ximnasia terán varias localizacións chegando ós principais núcleos de poboación de Barbadás. Os locais sociais de Loiro, Sobrado, Bentraces, Barbadás, As Lamas, Fonsillón, Finca Fierro, Parada, Piñor, Santa Uxía e A Valenzá serán os lugares onde se impartirán estas actividades.

O local municipal da Rúa do Ensino nº5 acollerá a actividade de pintura mentres que a Aula de Teatro terá as súas clases formativas na Casa da Cultura Manuel María da Valenzá.

Actividades de Lecer en Barbadás para o curso 24-25

O prezo da inscrición nestas actividades será de 20€ por tempada para Manualidades, Pintura e Ximnasia. No caso de Teatro, o custe será de 24€. O prazo de presentación das solicitudes rematará o venres, 31 de maio de 2024.

Botón volver arriba