Nove actividades organizadas polo concello de Ourense permitirán ós máis cativos coñecer a natureza no Parque Botánico de Montealegre.
A partir do sábado, 22 de outubro, os obradoiros que terán lugar ata final de ano permitirán ós menores un maior coñecemento da natureza.
Actividades para coñecer a natureza
Coñecer as diferentes árbores, elaborar adornos de Samaín e Nadal ou un taller de cerámica forman parte da programación prevista.
- sábado, 22 de outubro – caderno de campo
- sábado, 29 de outubro – obradoiro de elaboración de caretas e antefaces (Samaín)
- domingo, 30 de outubro – elaboración de adornos usando material reciclado (Samaín)
- sábado, 19 de novembro – mural de outono (Magostos)
- domingo, 20 de novembro – obradoiro sobre os Morogos
- sábado, 26 de novembro – obradoiro de elaboración de Figuras con follas
- sábado, 3 de decembro – Obradoiro de cerámica
- sábado, 17 d decembro – obradoiro de envoltorios de Nadal
- domingo, 18 de decembro – adornos e xoguetes de Nadal
A inscrición nas actividades é de balde pero será preciso realizar unha inscrición previa no correo sm.p.montealegre@gmail.com
As actividades están dirixidas a nenos e nenas de 6 a 12 anos. Prazas limitadas.