Noticias

Acto de clausura do Obradoiro de Instrumentos da Deputación

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu o acto de clausura do Obradoiro de Instrumentos da Deputación de Ourense.

34 alumnos que recibiron formación na construción de instrumentos de percusión, gaitas e requintas recibiron os seus diplomas.

Acto de clausura do Obradoiro de Instrumentos da Deputación

Durante o curso 2023-24, este alumnado recibiu a súa formación da man dos profesores Manuel Brañas e Xosé Maceda. César Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense estivo presente no acto de entrega de diplomas.

Acto de clausura do Obradoiro de Instrumentos da Deputación
Foto: Deputación de Ourense

No mesmo acto, os 15 asistentes á Master Class de «Duduk» tamén recibiron os seus diplomas que acreditaban a súa asistencia a esta formación. Hovhannes Karakhanyan, músico armenio afincado en Barcelona, foi o encargado de impartir a Máster Class e realizar un concerto trala entrega dos diplomas.

Botón volver arriba