Eventos

Acto de Homenaxe aos republicanos asasinados na Poza das Ras

Este domingo pola mañá terá lugar un acto de Homenaxe aos republicanos asasinados na Poza das Ras o 29 de agosto de 1936.

O Comité de Memoria Histórica da comarca de Celanova en colaboración co Concello de Verea organiza este domingo, 3 de setembro, un acto no que participarán familiares dos homenaxeados.

Acto de Homenaxe aos republicanos asasinados na Poza das Ras

A Poza das Ras foi o lugar onde foron tiroteados no ano 1936:

  • Julio González Álvarez, de 25 anos, natural de Verea e mestre en Gontán (Verea);
  • Amadeo López Bello, de 32 anos, natural de Carballeda de Avia e mestre en Beiro (Carballeda de Avia);
  • Silvio Torres Díaz, de 23 anos, natural de Ourense, chofer de profesión e veciño do Couto (Ourense); e
  • Eloy Romero Luis, de 28 anos, natural de Vilardevós e farmacéutico en Leiro, que fora presidente do Colexio de Farmacéuticos de Ourense.
Acto de Homenaxe aos republicanos asasinados na Poza das Ras

Durante o acto intervirán familiares das vítimas, José Antonio Pérez, alcalde de Verea, e Celia Inés feijóo, presidenta do Comité de Memoria Histórica da comarca de Celanova.

Acto de Homenaxe aos republicanos asasinados na Poza das Ras

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.