Eventos

Acto de homenaxe ó guerrilleiro Ramón Yañez

Os Comités de Memoria Histórica da Comarca de Celanova e Val do Límia organizan un acto de homenaxe ó guerrilleiro Ramón Yáñez Pereira.

Asasinado polo bando franquista o 13 de xullo de 1943, este guerrilleiro Monfortino terá un acto de recoñecemento.

Acto de homenaxe ó guerrilleiro Ramón Yañez

Carlos Morais será o encargado de ofrecer unha conferencia no Salón de Arcos da Casa do Concello de Celanova. Este acto terá lugar o domingo, 14 de xullo a partir das 11:45h. Morais repasará a vida de Yáñez Péreira que emigrou a Barcelona e de regreso a Galicia formou parte dunha guerrilla na zona do Laboreiro a principios dos anos corenta.

Foi en Celanova onde tras pedir axuda a un coñecido para poder escapar ó exilio sería denunciado, emboscado e asasinado. Soterrado no cemiterio de San Breixo en Celanova, os comités de memoria lanzaron unha campaña para localizar a familiares de Ramón Yáñez Pereira.

Acto de homenaxe ó guerrilleiro Ramón Yañez

O cartel do evento, obra do artista Baldomero Moreiras, poderá mercarse durante o acto a un prezo de tres euros para financiamento do Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.