O PSdeG-PSOE de Ourense celebrou un acto polas Letras Galegas no Piñeiral onde non faltou a música e a poesía.
Rafael Rodríguez Villarino, candidato á alcaldía de San Cibrao das Viñas, mostrou durante a súa intervención a necesidade de impulsar a actividade cultural.
Acto polas Letras Galegas no Piñeiral
Nese senso, recordou que San Cibrao das Viñas non conta con Auditorio nin Casa da Cultura onde poder desenvolver actividade cultural.
Durante o acto, o saxofonista Sander Ulloa fixo unha breve interpretación musical e o José Collado recitou poesía.