Noticias

Agora Ourense solicita a dimisión de Jácome

O candidato á alcaldía de Agora Ourense, Toño Naval, solicita a dimisión de Gonzalo Pérez Jácome tras coñecerse unhas gravacións sobre unha sanción de tráfico.

«Gonzalo Pérez Jácome non pode seguir nin un segundo máis ao fronte da alcaldía de Ourense» indicou Toño Naval.

Agora Ourense solicita a dimisión de Jácome

A situación, cualificada por Naval como «moi grave», sitúa a Jácome indicando a dous funcionarios do concello que asumiran a responsabilidade. «Quixo coaccionar a dous policías para asumir en primeira persoa unha infracción súa».

Agora Ourense solicita a dimisión de Jácome

«Jácome debería dimitir, aínda que de sobra sabemos que é incapaz dun mínimo xesto que honre o cargo que ostenta» sinala Naval que indica que «o próximo 28 de maio será a cidadanía ourensá a que faga dimitir a Jácome en diferido».

Botón volver arriba