Toño Naval, candidato de Agora Ourense, ten claro o que hai que facer cos 130 millóns de euros aprobados polo goberno para a remodelación da Estación Intermodal.
Para o candidato á alcaldía, «hai que evitar que os 130 millóns que cheguen do Estado estean lonxe das mans de Jácome».
Agora Ourense ten claro o que hai que facer cos 130 millóns da Intermodal
«Sabemos que o partido socialista sempre tarda en cumprir as súas promesas e por iso xurdiu a nosa formación», indicou Toño Naval. Segundo Naval, para «poder presionar desde dentro das institucións, canta máis representación teñamos, máis rápido teremos as melloras que precisa Ourense».
Ante as próximas eleccións municipais, Naval indica que «xa hai enquisas que nos dan entrada no Concello e co que nos falta en campaña chegaremos a varios representantes. O principal obxectivo é acabar coa corrupción de Jácome. Non pode volver a xestionar recursos públicos, e por iso, necesitamos que ninguén quede na casa e acuda o 28 de maio a a votar».
Agora Ourense xurde da unión de seis partidos, Podemos Ourense, Ourense Mellor, Esqueda Unida, Alianza Verde, Verdes-Equo e Recortes Cero, que se presentan ás eleccións con Toño Naval como candidato.