O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibe á medallista Tamara Silva Cid que ven de obter unha medalla de bronce en París.
A capital de Francia foi o lugar onde se celebrou o Grand Prix de Jiu Jitsu, sendo este un dos eventos máis importantes do calendario internacional deste deporte.
O alcalde de Ourense recibe á medallista Tamara Silva
A deportista do Club Marbel competiu nas categorías Ne Waza (loita exclusiva no chan) e en loita (-70kg). Foi na categoría Ne Waza onde Tamara Silva lograría a medalla de bronce tras perder nas semifinais contra a vencedora final.
Tamara Silva Cid intercambiou unhas palabras co alcalde de Ourense ó que mostrou con orgullo a súa medalla de bronce.