Desde o grupo municipal do PSdeG-PSOE alertan da privatización da administración pública que pretende realizar o alcalde do concello de Ourense.
Esta denuncia reálizase ó coñecer a proposta que o goberno municipal fixo na mesa de negociación da Relación de Postos de Traballo e a modificación da OPE extraordinaria de estabilización.
Alertan da privatización da administración no concello de Ourense
María Fernández Ojea, concelleira socialista, indica que «estamos a falar de persoal que dende o 2008 perdeu poder adquisitivo e a normativa vixente tende a corrixir esta situación, ofrecendo emprego estable e de calidade».
Entre as medidas denunciadas atópanse a eliminación de postos esenciais como xefaturas de servizo, non se crean novas prazas e non se establece unha estrutura funcional. «Semella unha inquina persoal contra traballadores e traballadoras, pouco coherente en quen goberna unha Administración pública, que despreza o labor das mesmas, ningunea os seus dereitos e retrocede en procesos legais xa iniciados».
Fernández Ojea indica que estamos ante «outro exemplo máis da improvisación continua na que permanece mergullado o Concello de Ourense. Deberían, ademais, apresurarse en aboar as pagas que algúns empregados e empregadas aínda agardan cobrar dende hai meses».