Noticias

Ángela González asume o reto en Cenlle

Ángela González asume o reto de loitar pola alcaldía no concello de Cenlle representando ó PSdeG-PSOE nas eleccións municipais de maio de 2023.

A presentación da candidata socialista contou cunha importante representación do partido a nivel provincial e autonómico.

Ángela González asume o reto en Cenlle

José Rodríguez Veloso, secretario xeral en Cenlle, Nacho Gómez Pérez, deputado provincial, Marina Ortega, deputada autonómica, e Rafael Rodríguez Villarino, secretario provincial, arrouparon á candidata no acto de presentación.

«Formo parte dun conxunto de persoas que estamos moi ilusionadas, e iso xustamente foi o que me levou a presentarme á alcaldía», indicou a candidata ós presentes. Ángela González deixo claro que lidera un proxecto de equipo no que «cada quen de nós podemos engadir un grao de area, que xunto con outros consigan a forza suficiente para mellorar as nosas vidas».

Ángela González asume o reto en Cenlle

Nacho Gómez destacou a «ilusión que supón a renovación da lista, cunha nova candidata como Ángela González, que ven a aportar ideas frescas ao partido». Pola súa parte, Marina Ortega acusou ó PP de «vender a lei de demografía a bombo e platillo e con moito marketing, pero que non serve para nada se realmente non se blindan servizos básicos no rural como a sanidade, a educación e os servizos sociais».

Botón volver arriba