Tras un ano sen avances na remodelación da Praza de Abastos de Ourense, membros do BNG no concello visitaron o lugar para denunciar a situación de parálise.
Luís Seara, voceiro do BNG no concello de Ourense, indicou que «desde hai aproximadamente un ano, non se está a realizar ningún tipo de actuación no edificio da Praza de Abastos e descoñecemos os motivos xa que o Goberno Local, como é costume, non ofrece ningún tipo de información ao respecto».
Un ano sen avances na Praza de Abastos de Ourense
Ante esta situación, desde o BNG solicitan «pórse a traballar na elaboración do Plan funcional que posibilite a volta das praceiras e dos praceiros o máis axiña posible. Non queremos que a Praza de Abastos nº 1, na que se investiron preto de 5 millóns de euros, se converta nunha segunda Paza de Abastos da Ponte».