Noticias

Apertura do III Congreso Internacional de Turismo Deportivo

A apertura do III Congreso Internacional de Turismo Deportivo que se está celebrando no recinto feiral de Expourense permitiu descubrir unha vez máis o valor do deporte na nosa sociedade.

Un valor que baseado na mellora da nosa saúde, os postos de traballo que fomenta e o reclamo turístico dos eventos deportivos que se celebran.

Apertura do III Congreso Internacional de Turismo Deportivo

No acto de apertura do III Congreso de Turismo Deportivo estiveron presentes numerosos representantes das institucións. Ó director xerente de Expourense, Rogelio Martínez, acompañárono José Ramón Lete Lasa, secretario xeral para o deporte; Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación; Armando Ojea, tenente de alcalde de Ourense; e Gabriel Alén, delegado territorial en Ourense.

Apertura do III Congreso Internacional de Turismo Deportivo
Autoridades asistentes á apertura do Congreso

Na súa intervención, José Ramón Lete Lasa recordou que este congreso goza xa de carácter internacional. “naceu no ano 2019 prepandemia como un congreso ibérico e, grazas ao traballo das entidades turísticas e deportivas de España e Portugal, converteuse no congreso internacional que temos hoxe ante nós e que engloba a moitas outras realidades territoriais”.

En relación ó peso que o deporte ten en Galicia, Lete Lasa lembrou que o deporte representa un 2,5% do PIB de Galicia. Na mesma liña, a actividade relacionada co deporte alcanza un volume de negocio de 1.600 millóns de euros.

Coincidindo coa celebración do Congreso de Turismo Deportivo, Expourense acolle de forma simultánea o V Salón do Deporte e Turismo activo, Sportur Galicia. Neste segundo evento, de carácter máis práctico, participaron na xornada de onte uns 700 escolares de 15 colexios.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.