Noticias

Ourense apoia ó persoal do comercio alimentario na súa demanda de equidade salarial

O goberno municipal de Ourense expresa a súa solidariedade co persoal do comercio de alimentación, que hoxe se mobiliza cunha folga e unha manifestación polas rúas da cidade.

As traballadoras e traballadores das empresas Froiz, Cuevas e Gadis protagonizan esta protesta en demanda dunha mellora das condicións laborais e da equiparación dos seus soldos cos do resto das provincias galegas.

Ourense apoia ó persoal do comercio alimentario na súa demanda de equidade salarial

O executivo local considera esta reivindicación xusta e manifesta publicamente o seu apoio.

O Concello recoñece que as táboas salariais actuais mostran “diferenzas significativas e inxustificadas” nas retribucións do sector en Ourense fronte ao resto de Galicia. “Respectamos os procesos de negociación colectiva, que loxicamente competen á representación das empresas e do persoal, pero apoiamos esta reivindicación porque os soldos en Ourense son máis baixos que no resto do país”, afirma o grupo de goberno.

Ourense apoia ó persoal do comercio alimentario na súa demanda de equidade salarial

O executivo subliña que loita “en todos os frentes para evitar a discriminación negativa da cidade de Ourense e do seu vecindario”, polo que apoia sen reservas a demanda de igualdade salarial no sector do comercio alimentario.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.