Desde o BNG apostan por impulsar os espazos verdes na cidade de Ourense pondo un énfase especial no Parque Barbaña, o Parque Miño e o Xardín do Posío.
Os espazos verdes supoñen un lugar de encontro, de esparcemento e de lecer e por iso o BNG os sitúa como unha prioridade para o seguinte mandato.
Apostan por impulsar os espazos verdes en Ourense
Luís Seara, candidato á alcaldía de Ourense, indica que «dentro no que nos concibimos como o Ourense verde e sostible, a posta en valor dos nosos parques e xardíns como lugares de encontro veciñal e para o lecer e o esparcemento é unha prioridade».
Esta proposta xurde dunha demanda cidadá e xa se está realizando noutras cidades. «Precisamos espazos públicos amables, vivibles e saudables e desde logo que o Goberno Local non pode pórse de perfil e ten que tomar a iniciativa«, destaca Seara.