As Xuventudes Socialistas de Galicia lanzan a campaña «Bota» para animar principalmente á xuventude a cambiar as cousas.
«Facémolo dun xeito divertido e participativo, recollendo as súas achegas e iniciativas sobre como lles gustaría que mellorase a cidade nun intre onde a ficción supera a realidade e onde o orgullo ourensán disólvese en audios esperpénticos», sinalou Xurxo Doval, secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia.
As Xuventudes Socialistas de Galicia lanzan a campaña «Bota»
Esta campaña está percorrendo distintas localidades de Galicia e chegou nesta ocasión ó Campus de Ourense. «A nosa garantía é Paco Rodríguez e as Xuventudes Socialistas de Ourense que, xunto co Goberno de España, atenderán ás deficiencias e políticas de vivenda para a mocidade».
Alba Iglesias, secretaria xeral das Xuventudes Socialistas de Ourense, pediu unha importante mobilización nas municipais do 28 de maio. «Esta cidade tamén é nosa e somos os herdeiros de Ourense polo que debemos ter representatividade nas institucións, comezando polo Concello. Queremos oportunidades de presente! Vivenda digna! traballos non precarios! E, sobre todo e o máis importante, poder quedarnos a vivir na nosa terra, no noso Ourense, e con orgullo!».

O último en pronunciarse foi o candidato á alcaldía de Ourense. Paco Rodríguez sinalou que «é importante que a nosa xente moza só marche cando queira facelo, non cando a obriguen. Que teñan oportunidades laborais e dereito a unha vivenda digna, respectando o que sinala a Constitución, para desenvolver o seu proxecto de vida».