O Auditorio de Ourense acollerá a segunda Gala Por Eles TEA o sábado, 13 de abril, que contará varias actuacións de música e danza.
Ana Fernández, concelleira de Asuntos Sociais, presentou no Salón de plenos do concello de Ourense esta gala acompañada de responsables da organización.
O Auditorio acollerá a segunda Gala Por Eles TEA
María Losada, vicepresidenta da Asociación Por Eles TEA, Rebeca Iglesias, vocal da entidade, e Marta Bravo, directora do Estudio Repenica mostraron os detalles da edición de 2024.
«Visibilizar o autismo, sensibilizar a sociedade e axudar cos proxectos que pretende desenvolver a asociación» é o primeiro obxectivo deste evento segundo indicou María Losada. Os asistentes a este evento poderán gozar dun «espectáculo precioso de música e de danza, no que contaremos algunhas cousiñas acerca do autismo e da nosa asociación para que toda a sociedade ourensá nos coñeza mellor».
Entre os participantes neste evento que presentará o actor e escritor Pablo Piñeiro atopamos:
- Escola Estudio Repenica
- Tango & Cash (Manu Díaz y Diego Bustillo)
- Coral A Tempo
- Escola de baile Catro Pasos
- Coro Universitario do Campus de Ourense
- Escola de baile Tics
As entradas deste acto están a venta na web de Ataquilla cun prezo de 8€. Os organizadores tamén poñen a disposición dos interesados unha Fila 0: ES90 2100 4147 8922 0011 3712.