Eventos

Aurora Marco presenta o libro «Carmiña Sierra»

Aurora Marco presenta no Liceo de Ourense o libro «Carmiña Sierra», un monográfico sobre a primeira muller do Seminario de Estudos Galegos.

Amigos da República organiza este evento que se celebrará no Salón Noble do Liceo de Ourense o mércores, 24 de xaneiro, ás 19:30h. A autora do libro, Aurora Marco, estará acompañada neste acto por David Simón, membro de Amigos da República, e de Henrique Alvarellos, editor do libro.

Aurora Marco presenta o libro «Carmiña Sierra»

Este monográfico sobre Carmiña Sierra foi escrito por Aurora Marco para coñecer mellor a figura desta muller nacida en Pontecesures no ano 1906. Destaca da súa biografía o ser a primeira muller en ingresar no Seminario de Estudos Galegos no ano 1923.

Tras estudar Filosofía e Letras, Carmiña Sierra obtivo unha cátedra de Literatura Española. Tras sufrir tres anos de cárcere pola súa posición antifranquista, Carmiña Sierra exiliouse a Venezuela ó principio da década de 1950 onde finou no ano 1996.

Botón volver arriba