Os autobuses urbanos de Ourense serán gratuítos do 16 ao 22 de setembro, con motivo da celebración da Semana Europea da Mobilidade.
O Concello de Ourense súmase un ano máis a esta iniciativa, que busca fomentar o uso do transporte público e doutros medios de mobilidade sostible fronte ao uso do vehículo privado.
Os autobuses urbanos de Ourense serán gratuítos durante a Semana Europea da Mobilidade
A Semana Europea da Mobilidade pretende tamén concienciar sobre os efectos negativos do uso excesivo do coche na saúde pública e no medio ambiente, así como promover os desprazamentos en autobús, bicicleta ou a pé.

A edición de 2026 leva por lema «Mobilidade para todas as persoas» e reclama un transporte sostible e eficiente accesible para toda a cidadanía, con independencia dos seus ingresos, lugar de residencia, idade, xénero ou capacidades.

