Noticias

Avante leva as contas de Ourense ante Xunta, Facenda e Consello de Contas

Avante Ourense presentou escritos ante o Concello de Ourense, a Xunta de Galicia, o Ministerio de Facenda e o Consello de Contas para reclamar información sobre a situación económico-financeira municipal.

A plataforma cidadá solicita datos sobre a execución real dos orzamentos, as obrigas pendentes de pagamento, as modificacións orzamentarias e o Plan Económico-Financeiro derivado da liquidación de 2025.

Avante leva as contas de Ourense ante Xunta, Facenda e Consello de Contas

A iniciativa chega despois dos problemas rexistrados nos últimos meses cos pagamentos municipais, que afectaron servizos como o transporte urbano e o guindastre. Avante tamén pide coñecer os posibles incumprimentos ou requirimentos realizados polas administracións competentes.

Avante leva as contas de Ourense ante Xunta, Facenda e Consello de Contas

A organización trasladou igualmente a situación ao Consello de Contas, que ten prevista unha fiscalización selectiva do Concello de Ourense.

Avante critica a actuación dos grupos da oposición municipal, aos que acusa de centrarse en episodios concretos sen ofrecer unha visión global das contas. A plataforma considera necesario coñecer canto ingresa e gasta o Concello, que obrigas permanecen pendentes e como pode afectar a situación financeira aos servizos e investimentos.

«É triste e vergonzoso que teña que ser unha plataforma cidadá, e non o propio goberno municipal nin unha oposición que leva anos sentada no Concello, quen teña que acudir ás administracións para intentar coñecer e explicar aos ourensáns a situación real das súas contas. Se eles non abren as contas do Concello, farémolo nós», afirmou o portavoz de Avante Ourense, Francisco Diéguez.

A plataforma anuncia que contrastará as respostas das distintas administracións e fará públicos os resultados. «Ourense merece coñecer a situación real das súas contas antes de falar dos próximos orzamentos», concluíu Diéguez.

Botón volver arriba