Noticias

Avanza a supresión do paso a nivel de Peliquín

Avanza o proceso para a supresión do paso a nivel de Peliquín a pesar das protestas veciñais ó publicarse o proxecto de expropiación.

Desde o grupo municipal do BNG alertan que este proxecto «vai deixar absolutamente illada á veciñanza de Peliquín».

Avanza a supresión do paso a nivel de Peliquín

«Este proxecto é unha barbaridade, sobre todo tendo en conta que hai alternativas mellores» indica Luís Seara, portavoz nacionalista. Entre as alternativas que non foron consideradas atópase a proposta polos veciños «un paso soterrado para peóns e vehículos».

Indican desde o BNG que están fartos «de proxectos low cost para Ourense». A consecuencia neste caso implica «facer un muro de formigón de máis de sete metros de alto».

Avanza a supresión do paso a nivel de Peliquín
Luís Seara. Foto: BNG de Ourense

Lamenta Luís Seara a postura do concello de Ourense neste conflito. Para o voceiro do BNG, o concello «deu as costas á veciñanza desde o primeiro momento, validando o proxecto e non escoitando as reclamación das veciñas que son as que, de facto, van sufrir as consecuencias desta obra». Solicitan desde o BNG «unha reformulación do proxecto» antes de «agardar a ver construído ese muro para que se dean conta de que é unha mala solución para a cidade e para a veciñanza de Peliquín».

Botón volver arriba