A Axenda 2030 entra na campaña electoral da man do candidato socialista á alcaldía de Ourense, Paco Rodríguez.
Rematar cos arboricidios e promover o uso da bicicleta e o transporte público son algunhas das medidas anunciadas polo candidato para o próximo mandato.
A Axenda 2030 entra na campaña electoral
«Nós imos a apostar por un Ourense para os cidadáns e cidadás. Un Ourense que poidan desfrutar e no que se reduzan as emisións e a contaminación. En definitiva, un Ourense máis confortable e verde para todos e todas» indicou Paco Rodríguez.
O candidato reivindica o Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) aprobado en novembro de 2019. «Estamos a tempo, de reactivar o PMUS que marcará o futuro da nosa cidade, cumprindo os compromisos recollidos no plan para este ano. E temos que licitar de xeito urxente o novo contrato do servizo de transporte urbano. Cremos, ademais, que o autobús debe ser gratuito para que á xente lle compense non desprazarse co coche».