Noticias

Axudas económicas para o tecido empresarial en 2023

As axudas económicas destinadas para o tecido empresarial durante o ano 2023 que ofrecerán a Axencia Galega de Innovación e o Instituto Galego de Promoción Económica centraron as xornadas realizadas na sede da CEO.

As empresas poderán acceder no ano 2023 a axudas que lles permita seguir avanzando na mellora competitiva das súas liñas de negocio.

Axudas económicas para o tecido empresarial en 2023

A finalidade destas achegas económicas é mellorar a dixitalización, innovación e internacionalización como eixes principais. Para coñecer con máis detalle o funcionamento das mesmas, máis dun centenar de persoas estiveron conectadas durante a xornada informativa.

Axudas económicas para o tecido empresarial en 2023
Foto: CEO

Para poder realizar as solicitudes e recibir o asesoramento preciso, mantense aberta a oficina Conecta Ourense que puxo en marcha a CEO.

Botón volver arriba