O concello de Barbadás mellorará as medidas de seguridade na rúa Calzada Romana mediante unha inversión de 70.000 euros.
No proxecto elaborado polo concello inclúese a colocación de novas baldosas e unha varanda naquelas zonas de maior altura para reducir o risco de accidentes.
Barbadás mellorará a seguridade na Calzada Romana
A inversión que realizará o concello de Barbadás tamén permitirá a limpeza do acceso que comunica a rúa Calzada Romana coa rúa Porto do Río. Esta actuación permitirá mellorar a accesibilidade facilitando o transito de persoas con mobilidade reducida.
Os traballos previstos afectarán a un tramo de máis de 150 metros e suporán a colocación de baldosas nunha superficie de 500 metros cadrados. A varanda que se vai colocar terá unha lonxitude de 300 metros.