O concello de Barbadás terá no 2024 un orzamento superior ós oito millóns de euros no que a partida que máis medra é a relativa ás inversións.
Máis dun millón de euros do presuposto municipal irá destinado a inversións en novas infraestruturas, adquisición de maquinaria, equipos informáticos ou mobiliario.
Barbadás terá un orzamento superior ós oito millóns de euros
O voto a favor dos concelleiros do PSdeG-PSOE e Democracia Ourensana e a abstención dos concelleiros de PP, BNG e Partido Galego permitiu aprobar as contas municipais.
Entre as cifras aprobadas destaca un incremento do 257% da partida destinada a inversión e o aumento de máis de 300.000 euros no gasto dedicado ós salarios do persoal. O orzamento do concello de Barbadás para o ano 2024 será o máis alto da súa historia con 8.494.083 euros.
«Este concello aposta polas familias prestando servizos de calidade» indicou o alcalde de Barbadás. Xosé Carlos Valcárcel destacou que non se incrementan as taxas municipais desde fai dez anos. Tamén destacou o rexedor de Barbadás que este concello conta cunha reducida cantidade de persoas desempregadas. Esta situación provoca que non poidan acceder «a determinadas subvencións por ter unha taxa tan baixa».
Por último, o alcalde de Barbadás lembrou que «a metade da contía do sostemento de axuda no fogar é costeada polo Concello, unha competencia impropia». Nese eido, queixouse de que «a aportación da Xunta de Galicia segue a ser a mesma dende hai 13 anos: 26.000 euros mensuais».