Noticias

Besteiro garante un pediatra no Carballiño

José Ramón Gómez Besteiro garante que «non haberá ningún neno sen pediatra no Carballiño» durante un mitin celebrado na vila.

O candidato socialista á presidencia da Xunta de Galicia participou nun acto electoral acompañado polo alcalde, Francisco Fumega, e a cabeza de lista por Ourense, Carmen Dacosta.

Besteiro garante un pediatra no Carballiño

«Comprométome a que non haberá ningún neno sen pediatra no Carballiño, en Ourense, nin en toda Galicia» foi a principal promesa de Besteiro durante o acto.

Durante a súa intervención, Besteiro sinalou que «a forma de loitar contra o reto demográfico é con máis e mellor sanidade pública, de proximidade, con educación pública e non pechando 1 de cada 10 colexios na última década, con promoción de vivenda e con impulso da economía para crear emprego».

Besteiro garante un pediatra no Carballiño

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.