Noticias

O BNG agarda a acción da xustiza

O BNG agarda a acción urxente da xustiza tras coñecerse novas gravacións nas que o alcalde de Ourense fala sobre diñeiro negro.

O BNG agarda a acción da xustiza

«O sábado pasado escoitabamos ao alcalde pedirlle a traballadores do Concello que cometeran un presunto delito para evadir a súa responsabilidade cunha multa. Hoxe sabemos que utiliza ás empresas que contratan co Concello, e imaxino que outras, para que lle dean diñeiro negro para a campaña«, indica Luis Seara.

Ademais de pedir de novo a súa dimisión, Seara pide que a xustiza «actúe de modo urxente, para evitar a posíbel destrución de probas». Entenden desde o BNG que a Fiscalía debería entrar de oficio neste asunto.

O BNG agarda a acción da xustiza
Rhut Reza e Luis Seara.
Foto: BNG de Ourense

Botón volver arriba