Noticias

O BNG alega contra a modificación da RPT do Concello de Ourense

O BNG presentou alegacións á modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ourense. Consideran que a proposta do goberno de Gonzalo Pérez Jácome pode favorecer a determinados funcionarios con criterios de afinidade política.

Luís Seara, portavoz municipal, acusou o alcalde de promover “unha modificación da RPT pola porta de atrás” para “premiar e castigar ao persoal en función das súas afinidades”.

O BNG alega contra a modificación da RPT do Concello de Ourense

Segundo o BNG, a reforma contempla a supresión de boa parte das Xefaturas de Servizo para crear macroxefaturas con máis competencias e maior poder de decisión.

O BNG alega contra a modificación da RPT do Concello de Ourense
Foto: BNG

As nacionalistas consideran que esta reorganización pode concentrar o poder en menos persoas e denuncian que os novos postos levarían aparelladas importantes subidas retributivas.

Entre as alegacións presentadas, o BNG cuestiona a suba homoxénea dos complementos específicos das Xefaturas de Servizo. A formación sostén que estes incrementos non teñen en conta as características e responsabilidades particulares de cada posto e cita o artigo 22.3 do TREBEP.

Publicaciones relacionadas

O BNG tamén denuncia a ausencia do informe preceptivo de fiscalización previa da Intervención municipal, ao existir efectos económicos derivados da modificación dos complementos específicos. A formación lembra que a propia Intervención municipal citou unha sentenza do TSX de Andalucía que establece o carácter preceptivo deste informe cando unha modificación da RPT ten consecuencias económicas.

Para Seara, a proposta “non pretende mellorar o funcionamento interno do Concello”. Sinalan que establece “un control moito máis férreo sobre o persoal aplicando a lóxica de premio e castigo”.

Botón volver arriba