Noticias

O BNG alerta das reclamacións polas concesións caducadas

O BNG de Ourense alerta das reclamacións que se están producindo polas empresas que teñen as concesións de servizos municipais caducadas.

Luís Seara, portavoz do BNG no concello de Ourense, indica que esta institución está «ao borde da quebra técnica».

O BNG alerta das reclamacións polas concesións caducadas

Este anuncio do portavoz nacionalista está relacionado cos case 13 millóns que segundo as súas contas debe o concello a provedores. A maiores desta cantidade, o concello terá que facerse cargo das reclamacións que están realizando as empresas que prestan servizos ó concello con concesións xa caducadas.

Estas empresas «non deixan de presentar reclamacións diante do actual Goberno Local reivindicando que se lles abonen as cantidades reais do custe da prestación do servizo e non en base aos contratos xa extintos», sinala Seara.

O BNG alerta das reclamacións polas concesións caducadas
Luís Seara, portavoz do BNG.
Foto: BNG de Ourense

Unha das empresas que reclama a actualización das cantidades a percibir é a UTE ECOURENSE. «O pasado 1 de abril de 2022 remataba a prórroga que figuraba no contrato asinado en xaneiro de 2010 e polo tanto a vixencia do contrato sen que por parte do actual Goberno Local se tivese a previsión suficiente como para ter adxudicado un novo e evitar así que o servizo pasase a prestarse en precario».

Ante esta situación, ECOURENSE realizou varias reclamacións que suman unha cantidade de 4.784.661,68€. «Cantidade que non aparece recollida na contabilidade municipal e que a UTE xa ten, cando menos unha parte dela, reclamada no xulgado».

Botón volver arriba