Noticias

O BNG é contrario á disolución do Consello Municipal de Deportes

O BNG de Ourense é contrario á disolución do Consello Municipal de Deportes anunciada esta mañá polo goberno municipal.

«O que tenta é xestionar o Concello de maneira opaca e sen rendir contas á oposición, tónica habitual desde que é alcalde. Estamos diante dunha persoa acostumada a non dar conta de nada do que fai e que bordea, cando non supera, sistemáticamente á legalidade vixente», indicou Luís Seara.

O BNG é contrario á disolución do Consello Municipal de Deportes

Para o voceiro do BNG no concello de Ourense, «o CMD tense amosado como un instrumento moi válido pois o feito de ter autonomía funcional, orzamento propio e capacidade de decisión, permite axilizar os procedementos e sacar adiante proxectos que doutro xeito, levarían moito máis tempo».

O BNG é contrario á disolución do Consello Municipal de Deportes
Foto: BNG de Ourense

Botón volver arriba