Noticias

O BNG critica o «despropósito» dos plenos

O grupo municipal do BNG critica o «despropósito» dos plenos municipais «que vai en aumento» e para o que proporán unha modificación do Regulamento de funcionamento Orgánico do Concello de Ourense.

Os concelleiros do BNG compareceron para criticar as situacións vividas nos últimos plenos do concello de Ourense a anunciar a presentación de varias iniciativas para corrixir esta situación.

O BNG critica o «despropósito» dos plenos

«Xa no pasado mes de xuño falamos das nosas liñas de actuación nos vindeiros catro anos e levamos meses traballando na modificación do Regulamento. Entendemos que o funcionamento do Concello non está sendo adecuado e que está na nosa man modificar esta ferramenta que debera actuar en favor da participación e do debate e non servir aos intereses de quen nese momento estea no poder», indicou a concelleira Erea Blanco.

O BNG critica o "despropósito" dos plenos
Foto: BNG de Ourense

O portavoz municipal do BNG, Luís Seara, destacou que Pérez Jácome «ten a dirixir o Pleno como se dun tirano se tratase e a dificultar o lexítimo dereito da Oposición a exercer a fiscalización e o control á acción de Goberno agora deu un paso máis, coartando competencias atribuídas ao propio Pleno».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.