O BNG do concello de Ourense cualifica de «gasto desmesurado» o orzamento aprobado no último pleno para as luces de nadal que será de 600.000 euros.
A aprobación do contrato para as luces de Nadal de 2023 foi posible grazas á abstención do PP. Esta situación prodúcese cando aínda non se abonou a factura do alumeado de nadal do ano pasado e que ascende a 573.000 euros.
Desde o BNG consideran que esta partida acumula un gasto desmesurado que foi incrementado desde os 173.000€ de 2019 ós 600.000 euros de este ano.