Noticias

O BNG denuncia que o Concello debe o 40% da nómina aos bombeiros

Catro anos despois dunha sentenza firme do Tribunal Supremo, que obriga a incluír os complementos de nocturnidade e festividade nas nóminas dos bombeiros de Ourense como parte do seu complemento específico, o Concello segue sen cumprir coa resolución xudicial.

Así o denunciou este luns o BNG, que advirte de que a situación “é xa insostible” e que se están adebedando cantidades moi elevadas a cada traballador, malia terse aprobado modificacións de crédito para regularizar os pagos.

O BNG denuncia que o Concello debe o 40% da nómina aos bombeiros

O portavoz nacionalista, Luís Seara, acusou ao Goberno municipal de manter unha actitude “chulesca e altiva” e de tentar confundir á veciñanza insinuando que os bombeiros están reclamando subas salariais. “Nada máis lonxe da realidade”, aclarou, “o único que están pedindo é o pagamento do 40% da súa nómina, que se lles está a negar sistematicamente e sen xustificación”.

Seara esixiu que se respecte o dereito dos bombeiros e que se deixe de exercer presión ou coacción contra eles. Ademais, advertiu das consecuencias para a seguridade da cidadanía: “Temos unha plantilla baixo mínimos, o que supón un risco tanto para os propios bombeiros como para a veciñanza, e unhas instalacións e medios materiais que urxen melloras”.

O BNG denuncia que o Concello debe o 40% da nómina aos bombeiros
Foto: BNG de Ourense

O BNG insta ao Concello a cumprir coa legalidade e coa sentenza do Supremo, evitando enfrontamentos innecesarios cun corpo esencial para a seguridade pública.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.