Noticias

O BNG denuncia a Jácome no Xulgado

O BNG denuncia a Gonzalo Pérez Jácome no Xulgado de Garda tras coñecerse unhas gravacións sobre a resolución dunha sanción de radar do coche oficial.

Unhas gravacións nas que o rexedor ourensán solicita a dous traballadores do concello que se identifiquen como condutores desatou a polémica en Ourense.

O BNG denuncia a Jácome no Xulgado

Luis Seara, candidato do BNG á alcaldía de Ourense, acudiu ó Xulgado de Garda para interpor unha denuncia ante uns «feitos presuntamente delictivos, motivo polo cal vimos de presentar unha denuncia». Seara estivo acompañado por Noa Presas e Iago Tabarés, deputados no Parlamento de Galicia.

O delito ó que se podería enfrontar o alcalde ourensán sería un «presunto delito de falsidade documental».

O BNG denuncia a Jácome no Xulgado
Foto: BNG de Ourense

O día que o coche oficial da alcaldía foi detectado por un radar na cidade de Vigo non se identificou ó condutor do mesmo. «Son feitos que creo coñecía toda a sociedade de Ourense a respecto de que naquela noite de autos o coche oficial do Concello era conducido por Gonzalo Pérez Jácome». A pesar dos rumores, quen finalmente se identificou como condutor do vehículo foi un dos integrantes da candidatura de DO.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.