O BNG denuncia o novo traslado que o Goberno local impón ao persoal da Concellería de Educación xusto no inicio do curso escolar.
A formación nacionalista critica a falta de planificación desta mudanza de sede, que coincide co momento de maior carga de traballo do ano para o departamento municipal.
O BNG denuncia o improvisado traslado da Concellería de Educación
A esta situación súmase un fallo na web de Educación, que acumula dez días sen funcionamento en pleno proceso de matriculación, dificultando a tramitación de solicitudes ás familias.

Dende o BNG cualifican este movemento como o último capítulo dunha sucesión de mudanzas sen sentido que provocan desorganización e gasto público. Segundo lembran as nacionalistas, hai un ano xa se prepararon sen éxito as instalacións da Molinera para outro traslado. A esta situación, engádese o investimento económico realizado para adecentar a sede actual, que agora queda inutilizada.
O portavoz nacionalista criticou a xestión municipal ao malgastar diñeiro público e tempo en mudanzas improvisadas. “Implica un esforzo enorme para o persoal, que ademais ten que asumilo pola súa conta e na semana de máis traballo do ano”, sinalou o representante do BNG. Seara esixiu respectar as condicións dos traballadores municipais e rematar coas decisións sen criterio.

