O grupo municipal do BNG pide información sobre o Club Ourense CF ante as informacións sobre a chegada dun posible inversor estranxeiro.
Na próxima reunión do Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes que se celebrará este venres, Luís Seara preguntará por esta situación.
O BNG pide información sobre o Ourense CF
«Diante das informacións que están xurdindo en prensa e polas que nos chegan, consideramos que o Concello de Ourense debera explicar cales son os movementos que se deron até o de agora e que é o que está previsto que aconteza toda vez, o propio Concello é accionista da SAD cun 8% do accionariado» indica Seara.
Ante a falta de información sobre os movementos producidos, Seara pide información para saber «cales son as xestións realizadas ou o nivel de implicación municipal». Ante a recente subvención de 140.000 euros aprobada para este club, Seara tamén pregunta «se está previsto adquirir algún compromiso de carácter económico no presente ou de cara ao futuro».