O BNG do concello de Ourense pide rapidez ó consello de Contas de Galicia para resolver as dúas solicitudes rexistradas nos meses de setembro e novembro.
En ambos casos, o BNG informaba ó Concello de Contas dos informes emitidos pola Intervención municipal. Nestes informes advertíanse varias irregularidades de carácter grave que poderían incluso supoñer un delito penal.
Ante a os últimos acontecementos sucedidos no concello de Ourense co expediente aberto ó interventor municipal e o anterior á Tesoureira, o BNG pide que se resolvan con urxencia ambas peticións.