Noticias

O BNG pregunta polos despedimentos no servizo de limpeza

O grupo municipal do BNG de Ourense pregunta polos despedimentos que se están a producir no servizo de limpeza e desinfección de edificios municipais.

A empresa Aralia Servizos Sociosanitarios SA despediu a varias traballadoras nas últimas semanas. No escrito que o BNG remitiu á alcaldía do concello de Ourense indícase que este mesmo luns, catro traballadoras perderon o seu posto de traballo.

Esta situación provoca inquedanza no grupo actual de traballadoras e fai que non se poidan cubrir todos os servizos. Mediante este escrito, o BNG pregunta ó goberno municipal cales van ser os pasos que vai dar ante esa situación.

O BNG pregunta polos despedimentos no servizo de limpeza

Publicaciones relacionadas

Botón volver arriba