O BNG presenta ás persoas que encabezarán as candidaturas nos concellos da Merca e A Bola nas próximas eleccións municipais do mes de maio.
Un acto programado para mañá sábado, 18 de febreiro, permitirá coñecer ás persoas que ocuparán os tres primeiros postos das candidaturas.
O acto terá lugar na Casa da Cultura da Merca ás 17:30h e contará coa participación de Ernesta Seoane, responsable comarcal, Vanessa García, candidata á alcaldía da Bola, Teresa Garrido, candidata á alcaldía da Merca, e Iago Tabarés, deputado no Parlamento Galego.
