Noticias

A Bola mellora a rede de saneamento con 45.000 euros da Xunta

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou o concello da Bola acompañado da alcaldesa, María Teresa Barge, para supervisar as obras de rehabilitación de colectores con infiltracións e de dixitalización das infraestruturas de saneamento.

Estas obras están financiadas pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático con preto de 45.000 euros.

A Bola mellora a rede de saneamento con 45.000 euros da Xunta

As actuacións permitiron rehabilitar uns 100 metros de colector mediante unha manga continua de fibra de vidro e poliéster curada con raios ultravioletas, ademais de reparar e impermeabilizar pozos de rexistro afectados por infiltracións.

A Bola mellora a rede de saneamento con 45.000 euros da Xunta
Foto: Delegación da Xunta

No ámbito da dixitalización, instaláronse sistemas de control remoto en dúas fosas que permiten monitorizar en tempo real o seu funcionamento e mellorar a xestión do ciclo urbano da auga.

Durante a visita, Manuel Pardo lembrou que a Xunta mantén aberta ata o 22 de xuño unha nova convocatoria destas axudas, dotada con máis de 2,5 millóns de euros para concellos de menos de 20.000 habitantes, cunha cobertura de ata o 100 % do investimento subvencionable e un máximo de 45.000 euros por proxecto.

Botón volver arriba