Noticias

O BNG presenta as súas propostas en materia de vivenda

O BNG de Ourense presenta as súas propostas en materia de Vivenda coa vista posta nas eleccións municipais que se celebrarán o 28 de maio.

Luís Seara, candidato á alcaldía de Ourense, e Hadrián Alonso, membro da candidatura, presentaron as propostas que poñen o foco sobre a xente moza.

O BNG presenta as súas propostas en materia de vivenda

Hadrián Alonso recordou as «enormes dificultades que nos atopamos os mozos e as mozas á hora de poder emanciparnos das nosas nais e pais e poder iniciar un proxecto de vida en solitario ou en parella».

O candidato sinalou a importancia que ten que «a administración local, a máis próxima á veciñanza como é o Concello non pode permanecer allea a esta situación, cómpre estar ao carón da xente moza, que son o futuro do noso Concello e axudalos e acompañalos neste caso para que poidan iniciar un proxecto de vida».

O BNG presenta as súas propostas en materia de vivenda
Foto: BNG de Ourense

Mercar dez inmóbeis na zona histórica para rehabilitar e por a disposición da veciñanza foi a primeira medida lanzada polo BNG de Ourense. Un Plan de rehabilitación de vivenda e aluguer social e unha Oficina de Emancipación Xuvenil son outras das medidas presentadas.

Botón volver arriba