O BNG preséntase a estas eleccións municipais como muro ante a corrupción que padece a política ourensá e que está a ser noticia día tras día.
Bernardo Varela, deputado provincial indicou que «a situación na que se atopa tanto a provincia de Ourense coma o Concello da capital, é de emerxencia política e social».
O BNG preséntase como muro ante a corrupción
Ante esa situación, desde o BNG mostran o seu valor para por fin a esta situación. «Cada día, con cada nova que ímos coñecendo, fai que esta situación xa non sexa so un problema a nivel galego senón que comezamos a copar espazos informativos alén das nosas fronteiras e non precisamente por ser un lugar privilexiado, que o somos, para vivir».
Luís Seara, candidato á alcaldía de Ourense, pediu para este domingo «unha resposta masiva da veciñanza nas urnas». Indica Seara que «como sociedade temos unha enorme responsabilidade política máis tamén ética polo que non podemos permitir que persoas inmersas en casos de corrupción sigan aniñando nas institucións. Basta xa de caciquismo e de política indecente».