Noticias

O BNG propón a creación dunha xerencia de urbanismo

O BNG de Ourense propón a creación dunha xerencia de urbanismo durante o seguinte mandato para axilizar os trámites e facilitar o acceso á vivenda.

Unha das áreas nas que máis atención pon o BNG durante estes días é a xestión do urbanismo no concello de Ourense.

O BNG propón a creación dunha xerencia de urbanismo

Entre as tarefas pendentes están a aprobación dun novo PXOM e axilizar o funcionamento da área de urbanismo. Para poder avanzar nesta área, o BNG propón a creación da Xerencia de Urbanismo. Esta iniciativa sería a «encargada de coordinar todo o traballo que se desenvolve en urbanismo».

Luis Seara, candidato do BNG á alcaldía de Ourense, indica que «non é de recibo que persoas que queren iniciar un proxecto profesional e que mesmo se hipotecaron para levalo adiante, atopen un Concello lento e incapaz de dar unha resposta rápida».

O BNG propón a creación dunha xerencia de urbanismo
Mebros do BNG paseando polo Casco histórico de Ourense.
Foto: BNG de Ourense

Facilitar o acceso á vivenda dos mozos e mozas tamén é un dos obxectivos do BNG. Para logralo, o concello tería que «adquirir solo e vivendas en estado ruinoso, sobor de todo, na zona histórica, para a súa rehabilitación e posta a disposición da veciñanza máis vulnerábel».

Botón volver arriba