Noticias

O BNG solicita a reapertura da oficina da Policía Local na zona histórica

O BNG de Ourense solicita a reapertura da oficina da Policía Local que estivo en funcionamento durante uns anos na zona histórica.

A Policía Local de Ourense «actúa tamén como elemento disuasorio de condutas incívicas ao tempo que transmite tranquilidade e seguridade», indican desde o BNG.

O BNG solicita a reapertura da oficina da Policía Local na zona histórica

Este é un dos motivos que levan ó grupo municipal do BNG a solicitar no último pleno do mandato a reapertura desta oficina. No ano 2011, abría na Praza da Ferreiría unha oficina da Policía Local que contaba con tres axentes por turno.

A presenza dos axentes na zona aportaba seguridade ós veciños e comerciantes da zona e servía para controlar os actos delituosos que se realizaban no entorno.

O BNG solicita a reapertura da oficina da Policía Local na zona histórica

Ademais da finalidade principal de aportar seguridade, o BNG considera quea apertura da oficina permitiría «reactivar económica e socialmente a zona histórica que por desgraza está a sufrir unha importantísima degradación ao que hai que engadirlle a continua e moi acuciante perda tanto de poboación como de establecementos comerciais que fagan atractiva a zona, entendemos importante dotala de servizos básicos que permitan a súa recuperación e motiven á veciñanza a quedarse ou de ser o caso, a asentarse nela».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.