Noticias

O BNG valora a intervención do alcalde de Ourense

O BNG valora a intervención do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, na que sinalaba cal sería a «folla de ruta» para os mandato 2023-27.

Os concelleiros do BNG no concello de Ourense compareceron para facer unha valoración dos anuncios do alcalde de OUrense.«Non aportou ningunha novidade máis alá de repetir unha vez máis, cuestións que xa anunciou en varias ocasións ao longo dos últimos catro anos, sinalou Luís Seara, voceiro do BNG no concello.

O BNG valora a intervención do alcalde de Ourense

E relación ó anuncio de licitar os tres principais servizos do concello ó remate do verán, Seara recorda que se trata de «anuncios que se veñen repetindo de xeito reiterado nos últimos anos sen chegar a concretarse nunca». As concesións de abastecemento e auga, limpeza e recollida de lixo e o transporte público están prorrogadas actualmente.

No referente á mobilidade vertical, o BNG cuestiona «cal vai ser o seu custe de mantemento unha vez estean rematadas e entren en funcionamento». Outro asunto tratado polo alcalde e que está xerando certa polémica é a creación da «comisión de asuntos internos».

O BNG valora a intervención do alcalde de Ourense
Foto: BNG de Ourense

«É curioso que queira crear unha comisión de asuntos internos cando el adica boa parte do seu tempo a impedir e torpedear o traballo das e dos funcionarios». Destaca Luís Seara que «o que ten que facer o alcalde é deixar de perseguir ao persoal municipal e de ver pantasmas onde non as hai e dotar de máis e mellores medios materiais e humanos aos diferentes Servizos».

Por último, o BNG recorda que o PXOM necesita «unha nova exposición pública do documento». Pérez Jácome anunciou un renovado plan urbanístico con importantes modificacións.

Botón volver arriba