Noticias

Os candidatos socialistas presentan as súas propostas en Parada de Sil

Os candidatos socialistas por Ourense para as eleccións autonómicas do 18 de febreiro presentan as súas propostas en Parada de Sil.

Nun acto ante varias decenas de persoas, os integrantes da lista do PSdeG-PSOE por Ourense mostraron algunhas das accións a realizar si José Ramón Gómez Besteiro chega á presidencia da Xunta de Galicia.

Os candidatos socialistas presentan as súas propostas en Parada de Sil

Carmen Rodríguez Dacosta destacou que o candidato socialista «ten unha aposta decidida polo rural, polo reequilibrio da Galicia interior e por darlle as oportunidades que tanto precisa aos cidadáns e cidadás da provincia de Ourense». Neste sentido, Dacosta indicou que «só hai unha papeleta que garante o cambio para a nosa provincia, e non é outra que a do PSdeG-PSOE».

Os candidatos socialistas presentan as súas propostas en Parada de Sil

Xurxo Doval Blanco destacou a labor realizada en Parada de Sil polo alcalde, Aquilino Domínguez, e o tenente de alcalde, Paco Magide. Doval puxo o foco na mocidade e a vivenda para «darlle a posibilidade de medrar no seu territorio». Na súa intervención Doval destacou que «queremos unha Xunta que saiba apreciar o recurso natural que temos aquí en Parada».

Botón volver arriba