Eventos

Cartel das festas da Armada 2022

O cartel das festas da Armada 2022 presenta unha programación musical para os días 9 e 10 de setembro, unha vez rematada a novena.

Dende fai anos, o Santuario da Virxe da Armada (Celanova), é un lugar ó que acoden numerosas persoas para mostrar o seu fervor por este Virxe, avogada da cabeza.

Cartel das festas da Armada 2022

En 2022, a novena ten lugar entre os días 31 de agosto e 8 de setembro ás 19:30h. O día 9 haberá misas dende as 8 da mañá ata as 12h. A esa hora terá lugar a procesión que estará acompañada musicalmente pola Banda de Música Municipal de Celanova. Pola tarde-noite, a charanga Os Caliqueños e a Orquestra Ritmo serán as encargadas de animar a festa.

Cartel das festas da Armada 2022

O día 10 de setembro, ás 12h, celebrarase unha misa na basílica na que participará a Coral Polifónica da Bola. Dj Fidel, unha Big-Band e Jorge Menéndez Quartet aportarán a animación musical da xornada.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.